Unha de folga xeral.

Marzo 30th, 2012

Ingredientes:

Reforma laboral abusiva

Traballadores

 

Maneira de facer:

Dítase unha reforma laboral abusiva que só lles interesa aos empresarios para producir máis barato a base do despedimento dos traballadores máis antigos e contratanto polo mesmo prezo a outros tres en prácticas e ademais con incentivos estatais por quitalos do paro, mestúrase cuns traballadores que levan loitando moitos anos por acadar uns dereitos laborais dignos e xa está preparada.