Imos facer churrasco.

Abril 16th, 2012

Ingredientes:

Carne (pode ser de tenreira, porco, ave, coello, año, etc. e se poden incluír chourizos crioulos ou do país).

Sal gorda.

Paciencia.

 

Maneira de facer:

Prenderemos o lume coa suficiente antelación para que estean feitas as brasas un par de horas antes da hora da comida.

Estenderémolas por debaixo da grella tendo especial coidado de que non desprendan chama e reservaremos algunha leña a arder para que se sigan facendo brasas.

Se a carne é de boa calidade non fai falta adobala, só a untaremos con aceite de oliva ou graxa.

Poremos a carne na grella, o máis alta posible, para que se vaia facendo lentamente e iremos dando voltas para que se faga uniformemente.

Como para gustos hai cores e hai persoas que lle gusta máis ou menos feita, teremos que ter en conta esas preferencias e ir sacándoa segundo estea máis ou menos feita.  Nese momento botarlle o sal polos dous lados e pasala para unha tarteira con tapa que teremos ao lado das brasas para que non se arrefríe.

Bon proveito!

PD: Dedicada a algún persoeiro que anda estes días moi preocupado polos asuntos culinarios.