Un congreso federal das mocidades zurdas

Abril 28th, 2012

Por medio dun burrofax enviado a esta redacción polas Mocidades do Pis Oé enterámonos que o intelixente e instruído mozo Isaac Araújo acudirá esta fin de semana na cidade de Mandril ao XXIV Concerto Federal desa organización, en representación do aparato da localidade.

Desexámoslle moita sorte a este aguerrido mozo no seu cometido, e que a maqueta que vai presentar no Concerto teña o éxito que se merece. De seguir as cousas así, axiña o veremos, coa súa guitarra ao lombo, chegar e bicar o santo. Quen sabe se algún día o veremos enriba dunha peana, como un Julio Iglesias máis!