A Ruta do Pincho

Abril 17th, 2013

 

Xa o ano pasado metiámonos cos empresauros de AER (sector serio) ao respecto da Iª Ruta do Pincho, e este ano volvémolo facer. Non por nada, senón porque non entendemos o paletismo de algúns, e sobre todo cando se trata dun paletismo reiterado, é dicir: sabemos que somos paletos e persistimos.

Veredes, seica que entre o venres 19 e o martes 30 de abril vaise celebrar a IIª Ruta do Pincho, co obxecto de atraer clientela aos depauperados negocios da localidade. Ata aí entendemos que está todo ben e que a acción é loable. O caso é que, ao igual que o ano pasado, anuncian: pincho+crianza ou caña.

Non lles imos repetir o que xa lles dixemos o ano pasado a propósito de axudar aos veciños, co obxecto de fixar riqueza nas proximidades, en troques de facelo na Rioxa ou na Ribeira do Douro castelán. O que si lles imos dicir é que son ben contraditorios. Como se conxuga iso de cooperar coa hostalaría local cando a hostalaría local coopera cos que axudan a quitar cota de mercado aos  viños galegos? Que nos aten esa mosca polo rabo, señores empresauros da localidade.